Actualidade Red Dead Redemption 2 fixa a súa chegada a Steam

Red Dead Redemption 2 fixa a súa chegada a Steam

Chegou a PC hai unhas semanas como exclusivo temporal de Epic e do launcher oficial de Rockstar, pero a súa aterraxe en Steam era só cuestión de tempo. A compañía americana fixou o 5 de decembro como o día da estrea da súa última obra na tenda dixital de Valve.

Faino após un lanzamento nada doado, cargado de erros de diversa índole que embazou unha versión que, en teoría, debería alzarse como a mellor posíbel de todas as existentes.

Esta mesma semana, chegaba o parche 1.14.1 que espera corrixir multitude de problemas reportados, así como melloras para os xogadores que usan Vulkan e DirectX 12.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *