Red Dead Redemption 2 tamén se pode escoitar en Spotify

Red Dead Redemption 2 tamén se pode escoitar en Spotify

Do mesmo xeito que outras compañías, Rockstar tamén quere que a música dos seus videojugos estea dispoñíbel nas diversas plataformas dixitais existentes. A empresa estadounidense vén de anunciar a chegada de The Music of Red Dead Redemption 2. En Spotify, podes escoitar a BSO de maneira gratuíta.

O álbum inclúe 13 cancións creadas para o xogo, como Unshaken de D’Angelo ou Cruel World de Josh Homme. Ademais, Rockstar tamén explicou que ao longo do verán tamén lanzará outro disco con as cancións compostas por Woody Jackson e que coñeceredes por cabalgar con eles mentres coñeciades o mundo de Arthur Morgan.

Outra plataformas nas que atopar o disco pode ser AppleMusic, Tidal ou Youtube.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.