Actualidade Redmoor Falls, así é o nome do DLC gratuito de Lonely Mountains: Downhill

Redmoor Falls, así é o nome do DLC gratuito de Lonely Mountains: Downhill

Megagon Industries acaba de publicar un novo DLC para Lonely Mountains: Downhill, que vén a ser a terceira das expansións gratuítas para o seu aclamado (e con razón) xogo de bicis. O seu título é Redmoor Falls e xa está dispoñible para a súa descarga en todas as plataformas.

A expansión engade un descenso novo, coas súas zonas de descanso, amais de novos cosméticos. Unha escusa perfecta para volver coller a bicicleta, en poucas palabras.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.