Actualidade Resident Evil 2 estreará un logro relacionado coa nova revisión

Resident Evil 2 estreará un logro relacionado coa nova revisión

Semella que Capcom quere unir Resident Evil 2 e Resident Evil 3 con algún que outro detalle ou chiscadela. Hai un par de semanas, algúns usuarios sinalaron a aparición dun logro secreto na lista de Steam para Resident Evil 2. Agora, xa se desvelou cal é este novo secreto, relacionado directamente coa revisión, tal e como se sospeitaba, que se estreará o próximo abril.

A captura, compartida por varios usuarios, fai referencia a un logro no que deberemos ler unha carta deixada por Jill. Paga a pena lembrar que Resident Evil 3 sucede un pouco antes dos feitos narrados en RE2 —e tamén un pouco despois—. É de supoñer que Capcom lanzará a actualización nos próximos días. Está por ver se serán incluídos máis elementos, amais deste novo e pequeno detalle.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.