Resident Evil 2 habilita un DLC de pago para obter todo o seu contido

Resident  Evil 2 habilita un DLC de pago para obter todo o seu contido

Desbloquear todo o contido extra que trae consigo Resident Evil 2 non é unha tarefa fácil nin tampouco veloz. Require de certa habilidade, pericia e pasarse o xogo unhas cantas veces.

Tras a saída do título o pasado xaneiro, rapidamente os xogadores descubriron que ao terminar o xogo podiamos obter algunhas ferramentas que facían a vida na comisaría de Raccoon City máis agradable. Agora, por 4,99 euros, os xogadores que non puidesen ou non quixesen cumprir os requisitos para desbloquear, por exemplo, as armas con munición infinita, poderán facelo.

A Minigun pódese obter se completamos o xogo con Claire e obtemos un rango S+.

Este pack ou DLC chámase Todo desbloqueable e outorga ao comprador, de maneira instantánea, todas as recompensas que se poden obter xogando á aventura, cumprindo cos tempos que require cada obxecto ou modo extra. Tamén se inclúen traxes, modelos tridimensionais e deseños conceptuais.

En certo xeito, vén satisfacer a ilusión daqueles xogadores que queren percorrer os corredores da famosa comisaría cunha Minigun sen ter que completar o xogo con Claire en dificultade Hardcore con rango S+, por exemplo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados