Resident Evil 2 quere convencer ao mundo cunha demo xogable
O rumor alcanzara xa cotas de feito contrastado, pero faltaba a confirmación oficial. Resident Evil 2 contará cunha demo aberta para todos os xogadores de Xbox One, PC e PS4. Iso si, terá algunhas características especiais:
- Poderase descargar entre o 11 e o 31 de xaneiro
- Denominarase 1- Shot Demo e permitirá aos usuarios xogar durante trinta minutos.
- Se se completan os obxectivos marcados no adianto, poderá seguirse xogando até alcanzar esa media hora.
- Se morres durante a proba, poderás continuala, pero sempre dentro da marxe de tempo.
- Unha vez finalizada, non se poderá volver gozar.
- Rematar a demo obsequiará ao xogador cun tráiler exclusivo que poderemos ver sempre que queiramos.
Thirty minutes, one shot!
The Resident Evil 2 “1-Shot” Demo is coming to PS4, Xbox One, and Steam on January 11th!
Learn more: ☣️ https://t.co/wBXu6Uv65e pic.twitter.com/GK05cBL3nd
— Resident Evil (@RE_Games) January 8, 2019
Dende Capcom emitiron varios consellos á hora de investir o valioso tempo que outorga o adianto xogable, e comentan que no adianto estaremos nas botas do policía novato Leon S. Kennedy cando nada máis chegar á comisaría de policía de Raccoon City. Deberemos sobrevivir aos zombis que alí habitan e resolver quebracabezas para atopar unha saída segura da comisaría.
Esta revisión de Resident Evil 2 aterrará o 25 de xaneiro nas tendas dixitais e físicas. Unha aposta por devolver á vida un clásico atemporal, expandindo a súa xogabilidade pero mantendo a súa aura escura e carnívora.