Actualidade Resident Evil 3 terá os mesmos requisitos en PC que o seu antecesor

Resident Evil 3 terá os mesmos requisitos en PC que o seu antecesor

Após o anuncio do que era un segredo a voces durante o State of Play, Resident Evil 3 comeza a achegar detalles sobre o terror que caerá sobre nós nesta nova entrega. Hoxe, debemos falar do aspecto técnico do título, concretamente dos requisitos mínimos para PC, os cales Capcom vén de anunciar.

Como se pode comprobar, a configuración mínima para poñer en marcha o xogo coincide exactamente cos requirimentos previos do seu antecesor, Resident Evil 2. Por mor disto, é de supoñer que unha gran cantidade do material creado para a aventura de Claire Redfield e Leon S. Kennedy será aproveitado para a continua persecución entre Jill Valentine e Nemesis. Aquí mesmo tedes os requisitos mínimos para a versión de computador:

Requisitos mínimos:

  • Require un procesador e un sistema operativo de 64 bits
  • SO: WINDOWS® 7, 8.1, 10 (64- BIT Requirido)
  • Procesador: Intel® Core™ i5-4460 ou AMD FX™-6300 ou superior
  • Memoria: 8 GB de RAM
  • Gráficos:  NVIDIA® GeForce® GTX 760 ou AMD Radeon™ R7 260x con 2 GB Vídeo RAM
  • DirectX: Versión 11

Resident Evil 3 ten prevista a súa chegada a PS4, Xbox One e PC o próximo 3 de abril do 2020. Xunto ao xogo chegará Resident Evil: Resistance, o multixogador asimétrico baseado na mitoloxía da saga có que teremos que encarnar a un grupo de sobreviventes ou a un vilán que tentará poñer freo aos seus obxectivos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.