Actualidade Resident Evil 3 vendeu máis de 2 millóns de xogos en cinco días

Resident Evil 3 vendeu máis de 2 millóns de xogos en cinco días

Capcom quere presumir do éxito de Resident Evil 3 en todo o mundo. Estreado este abril, o survival horror vendeu en cinco días máis de dous millóns de copias; unha cifra máis que relevante, sobre todo se temos en conta a situación de pandemia global e o peche das tendas físicas en varios países do mundo.

A compañía xaponesa explica que o 50 % das copias foron dixitais, sumando os xogos de PS4, Xbox One ou PC. Porén, Resident Evil 2 contou cun maior éxito no seu lanzamento, chegando a alcanzar máis de seis millóns de unidades despachadas até o de agora.

Ao longo das últimas horas houbo diversos rumores sobre cal sería o seguinte remake. A luz do foco principal púxose sobre Resident Evil 4, malia que ningunha información oficial revela datos sobre esta decisión. Se tes gana de coñecer como é esta revisión de Resident Evil 3, aquí podes ler a nosa recensión.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.