Actualidade Resident Evil contará cunha nova serie de Netflix no 2021

Resident Evil contará cunha nova serie de Netflix no 2021

Unha das sorpresas que nos reservaba o Tokyo Game Show foi a presentación de Resident Evil Infinite Darkness, a nova serie da famosa franquía de Capcom. Aínda que se descoñecen os detalles da trama desta nova produción, si que se puido confirmar que contará con Leon S. Kennedy e Claire Redfield entre a súa repartición.

A conta oficial en Twitter de Netflix Portugal publicou por erro un pequeno adianto da serie, que terá a súa estrea mundial nalgún momento do 2021. Resident Evil Infinite Darkness é independente da outra serie que se anunciou o mes pasado, polo que teremos ración dobre de zombis.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.