Actualidade Resident Evil Village, a 4K e con ray tracing en PlayStation 5

Resident Evil Village, a 4K e con ray tracing en PlayStation 5

Cada día que pasa achegámonos un pouco máis ao terror que virá con Resident Evil Village, a continuación do aclamado Resident Evil VII: Biohazard, que nos levará ata un sombrío e misterioso pobo en Romanía. A través do blogue oficial de PlayStation chegan novos detalles sobre como se verá este novo mundo.

Que características estarán dispoñíbeis no novo sistema de Sony? A continuación tes as promesas da máquina branca:

  • A 4K e con trazado de raios: Explorar o mundo de Resivent Evil Village promete ser unha experiencia terrorífica, pero tamén bela. A resolución e a tecnoloxía ray tracing estarám ao servizo do xogador
  • Carga rápida: Poderemos continuar a partida xusto onde a deixamos case sen tempos de carga, grazas á potencia do SSD
  • Gatillos adaptativos: Sentiremos o peso e o tirón dos gatillos das armas para unha experiencia aínda máis inmersiva
  • Tecnoloxía háptica: Simular a sensación de disparar unha arma real cos mandos da consola parece que será posible
  • Audio 3D nos dispositivos compoatíbeis: Outra característica da que leva falando tempo non é outra que a mellora real dos efectos de son na nova xeración. PS5 explica que en Village será posible vivir esta experiencia.

Está por ver cales destes apartados estarán dispoñibles en Xbox Series X. A tecnoloxía háptica é sabido que é un elemento propio de Sony, pero as melloras no apartado visual está claro que si estarán presentes nas consolas de Microsoft.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.