
Respawn xa traballa nun novo xogo de Star Wars
O estudio responsábel de Star Wars Jedi: Fallen Order continuará explotando a saga. Respawn Entertainment xa está a traballar nun novo título da franquía galáctica e así o fixo saber a través dun anuncio do seu produtor sénior Blair Brown, no que buscan novos traballadores.
«Estou na procura dun produtor experimentado para que veña traballar comigo en Star Wars dentro de Respawn!», comenta Brown, que tamén lembra que o equipo de produción do estudio é pequeno, e «de cando en cando temos prazas abertas, así que contactádeme rápido se vos interesa».
Hey #gamedev #gamedevjobs twitter, I'm looking for an experienced Producer to come work with me on Star Wars @Respawn ! We're a small production team and rarely have openings so hit me up quick if your interested or have questions!! Job details here⬇️https://t.co/4GiQuwqsaB
— Blair Brown (@BlairBroon) March 11, 2021
Por suposto, na oferta de traballo non se mencionan máis detalles sobre o xénero ou o estilo de xogo que están a crear, tampouco se será unha secuela directa do seu anterior traballo ou unha aventura totalmente distinta. Sexa como for, EA continuará explotando a saga de Lucasfilm, aínda que non o fará xa en exclusiva, pois Disney quere máis xogos de Star Wars, si, pero quere repartir esa torta.