Actualidade Return of the Obra Dinn fixa o seu lanzamento en consolas

Return of the Obra Dinn fixa o seu lanzamento en consolas

Malia que xa sabiamos que Return of the Obra Dinn chegaría a consolas, faltaba por sabermos a data exacta. Aqueles que xoguen en Xbox One, Switch ou PlayStation 4 poderán gozar do último título de Lucas Pope a partir do 18 de outubro. Unha obra de carácter independente na que asumimos o rol dun investigador que debe pescudar que ocorreu nun barco sen sobreviventes.

A enorme calidade desta obra fixo que se elevase como un dos xogos máis interesantes do 2018. Pope, creador de Papers, Please, volveu demostrar a súa enorme capacidade para dar forma a videoxogos diferentes, pero cunha luz brillante e de seu no esquema creativo que aplica.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.