Actualidade Return to Monkey Island sairá en Switch e PC a finais deste 2022

Return to Monkey Island sairá en Switch e PC a finais deste 2022

E temos, por fin —aínda que non pasou tanto tempo desde o seu anuncio oficial—, o primeiroo gameplay de Return to Monkey Island, a continuación da lendaria franquía de PC creada por Ron Gilbert.

O novo vídeo, ensinado durante o último Nintendo Direct Mini, permitiu coñecer varias cousas: a primeira, o aspecto visual que terá o xogo; a segunda, que chegará, claro, a consola de Nintendo; polo que de momento poderemos gozar o día de mañá desta nova aventura en PC e en Switch.

O adianto ensina algúns vellos coñecidos, como LeChuck ou Guybrush Threepwood, e a historia permitiranos coñecer como «achamos por fin o Segredo de Monkey Island». O título xa pode ser engadido á listaxe de desexos da eShop e de Steam, polo que tendes aí a descripción oficial se queredes seguir facendo fame co xogo.

O estudio que desenvolve o xogo é Toybox, e conta, ademais de con Rob Gilbert nas súas filas, a veteranos como Dave Grossman, Rex Crowle, Peter McConnel ou Clint Bajakian.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.