Returnal amosa máis gameplay e imaxes nun novo diario de traballo

Malia que sexa difícil mercar unha PlayStation 5, o desenvolvemento dos seus xogos continúa a bo ritmo. Returnal, a nova obra de Housemarque, sitúase como un xogo de acción e ciencia ficción no que Selene, o seu protagonista, áchase nun bucle de morte e supervivencia. Este venres sumou un novo episodio ao seu diario de desenvolvemento. Dez minutos de parola e gameplay.
Á vez que os seus creadores mostran novas imaxes, tamén comentan algúns aspectos importantes do videoxogo. Na súa condición de roguelike, o estudo concibiu Returnal como un produto cunha clara tendencia a ser rexogado. Selene está nun lugar inhóspito e é un espazo no que non morre unha única vez, senón que o personaxe cae e volve resucitar continuamente.
O planeta muda en cada ciclo, o que provoca cambios nos obxectos, novas combinacións e obriga ao xogador para adaptarse en cada momento. Seguindo as palabras do director Harry Krueger, o estudio foi acumulando «unha chea de coñecementos e talvez algo de sabedoría» sobre como utilizar as experiencias arcade coas que experimentaron ao longo destes 10 anos. A idea é transferir toda esa aprendizaxe a un xogo, «triplo A e cunha perspectiva en terceira persoa»
Returnal sairá á venda o vindeiro 19 de marzo. Será o seguinte exclusivo da consola de Sony en ver a luz.