Returnal é escollido nos BAFTA como mellor xogo do ano
A Academia Británica das Artes Cinematográficas otorgoulle o premio ao mellor xogo do ano a Returnal durante a pasads gala dos BAFTA 2022.
A obra de Housemarque tamén se fai co galardón á mellor banda sonora e co mellor logro de audio, con Janne Perry conseguindo o premio por Mellor Intérprete Protagonista por mor do seu papel como Selene Vasso. Ora ben, pode Housemarque sorrir un chisco, pois o favorito da noite era It Takes Two, o xogo con máis nomeamentos dentro dos premios.
O título de Josef Fares levou o premio á mellor nova IP e a mellor multixogador. Pola súa banda, Unpacking levou o premio a mellor xogo de ano segundo o público.
Aquí tes a listaxe completa de gañadores:
Mellor Animación: Ratchet & Clank: Unha Dimensión Aparte
Mellor Logro Artístico: The Artful Escape
Mellor Logro de audio: Returnal
Mellor Xogo: Returnal
Mellor Xogo Británico: Forza Horizon 5
Mellir Debut: TOEM
Mellor «Evolving Game»: No Man’s Sky
Mellior Xogo Familiar: Chicory: A Colorful Tale
Xogo alén do entretenento: Before your Eyes
Mellor Deseño: Inscryption
Mellor Multixogador: It Takes Two
Mellor Banda Sonora: Returnal
Mellor Narrativa: Unpacking
Mellor Nova IP: It Takes Two
Mellor Intérprete Protagonista: Janne Perry (Selene Vasso) – Returnal
Mellor Intérprete Secundario: Kimberly Brooks (Hollis Forsythe) – Psychonauts 2
Mellor Logro Técnico: Ratchet & Clank: Una Dimensión Aparte
Xogo do ano para o público: Unpacking