Riot amosa novas imaxes de Project L, o seu futuro videoxogo de loita

Riot amosa novas imaxes de Project L, o seu futuro videoxogo de loita

Por fin podemos dar unha nova ollada a Project L, o futuro título de loita que Riot anunciou no añn 2019 e que continuará a expandir o universo de League of Legends.

A compañía mostrouse bastante activa estes últimos días á hora de ofrecer noticias e mesmo éxitos, como o derivado da serie de animación Arcane, en Netflix. Sexa como for, este título de loita estaría situado no contexto temporal de Legends of Runeterra, o xogo de cartas.

Grazas ao vídeo colgado pola empresa americana podemos ver parte do gameplay do seu gameplay, e coñecer os primeiros movementos de Ekko, Jinx, Darius ou Ahri —non se sabe cales dos 140 campións do MOBA estarán neste título—. O que si sabemos é que terán un aspecto bastante próximo ao debuxo animado, con cel shading.

Project L está dirixido por Tom e Tonny Cannon, fundadores do EVO Championship Series, evento anual centrado en torneos de xogos de loita desde o ano 1996. O primeiro, que tamén protagoniza o vídeo, colgou un comunicado na web de Riot no que aclara que este proxecto «aínda se atopa en fase de desenvolvemento, é dicir, na fase na que estudamos diferentes opcións e descubrimos que resulta máis divertido».

Así, os seus responsábeis xa deixan caer a mensaxe de que non esperemos velo nin este ano nin o que vén. «O certo é que aínda nos queda moito traballo por diante. Aínda que avanzamos moito, non lanzaremos o xogo en 2021 nin en 2022», explican.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados