Riot Forge, a editora que ampliará o universo de League of Legends

Non hai moito, Riot Games decidiu dar un golpe de efecto. A empresa detrás de League of Legends disfrazouse de futuro e pintou sobre un lenzo o seu ambicioso plan de futuro: novos xogos, novas aventuras, novas formas. A compañía americana pasará de ser empresa dun xogo para selo de varios. Esa é a idea. Agora, Riot volve á carga e confirma a creación de Riot Forge, unha nova distribuidora que traballará xunto a outras compañías para publicar experiencias inéditas relacionadas co universo orixinal de League of Legends.
A idea elévase non só como importante, senón como unha hábil estratexia de supervivencia e poderío. O xigante estadounidense pon sobre a mesa a posibilidade de que outros estudios aproveiten o mundo dos personaxes do seu MOBA e as súas narracións, é dicir, a marca LoL. É unha oferta que atraerá proxectos máis que interesantes e abre a porta a unha serie de colaboracións históricas dentro da industria. Riot é dona dun nome millonario, por que non compartir o pastel con outros?
Leanne Loombe, directora deste novo equipo, afirma que a idea é configurada como esa posibilitade de traballar cun persoal que vai máis aló dos seus propios traballadores. «O noso compromiso co éxito a longo prazo dos nosos desenvolvedores é firme, e imos traballar xuntos para ofrecer experiencias incribles para todo tipo de xogadores», explica.
Na información transmitida pola compañía explícase de forma reiterada que estarán abertos a todo tipo de proxectos e ideas. Xéneros, plataformas, narracións... Os estudios que queiran traballar con Riot poderán ampliar de xeito eficaz un universo que se presta a iso e que ten o colchón dunha comunidade de xogadores millonaria, que sempre se poderá asomar a estas novas producións malia que só sexa polo interese de ver as outras aventuras que vive o seu campión principal alén do acontecido no MOBA.

Aspecto do logotipo de Riot Forge.