Actualidade Riot pagará até 100.000 dólares a quen atope fallos de seguridade en Valorant

Riot pagará até 100.000 dólares a quen atope fallos de seguridade en Valorant

Riot quere que o seu novo —e primeiro— FPS triunfe e non escatimará en esforzo e gastos. Aínda en fase de beta pechada, a compañía americana quere limar calquera aresta que poida producir danos na súa seguridade. Para esta misión, os responsábeis de Valorant ofrecerán até 100.000 dólares de recompensa a aqueles usuarios que notifiquen fendas que permitan o uso de trampas.

A nova política deseñada para identificar aos trampulleiros ofrece seis categorías diferentes de recompensas que van desde os 25.000 dólares aos 100.000 dólares. Por suposto, a letra non tan pequena é que eses números son a recompensa máxima para cada categoría, e que «a recompensa real paga depende do impacto e a practicidade da fazaña presentada».

A empresa dona do universo de League of Legends fixo un informe onde se sinalan os requisitos para recibir os cartos, así como unha lista de consellos para ser máis eficaces. Calquera recompensa para reclamar deberá informar unha vulnerabilidade no sistema anti-trampas de Valorant que non fose compartida noutro lugar e dar probas da mesma a Riot.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.