Actualidade Rivet protagoniza o novo adianto de Ratchet & Clank: Rift Apart

Rivet protagoniza o novo adianto de Ratchet & Clank: Rift Apart

PlayStation publicou este luns un novo adianto de Ratchet & Clank: Rift Apart, o vindeiro título de Insommniac Games para PlayStation 5 e que, se nada o impide, verá a luz o próximo 11 de xuño.

Aínda que de curta duración, o vídeo ofrece bastante detalles interesantes. Por fin sabemos o nome da lombax que trazará amizade cos dous protagonistas, Rivet, e que poderemos controlala para percorrer novos escenarios e versións doutros lugares clásicos da franquía como Sagasso e Torren IV.

A data de lanzamento segue en xuño, polo que a pantasma do atraso parece que queda descartado a estas alturas. Sexa como for, este xoves 29 de abril, ás 23 horas, está programa un State of Play que ampliará a información sobre o xogo e ofrecerá máis imaxes e gameplay.

Por certo, a banda sonora será obra de Mark Mothersbaugh (Crash Bandicoot, Jack & Daxter, Thor: Ragnarok…). A continuación tes o vídeo:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.