Rocket League quitará os DLC de pago con contidos ao azar

Rocket League quitará os DLC de pago con contidos ao azar

A adquisición de Rocket League por parte de Epic Games xa se deixa notar nos movementos económicos do título. Psyonix anunciou que abandonará o modelo de negocio baseado en caixas de botín con contidos aleatorios, seguindo unha filosofía similar á de Fortnite, onde o usuario pode comprobar, exactamente, os artigos que compran, sen ningún tipo de dúbida.

«Aquí en Psyonix, e en Epic Games en xeral, dedicámonos a crear a mellor experiencia posible para os nosos xogadores ao redor do mundo», explica o equipo da compañía. «Co fin de alcanzar esa meta, máis adiante este ano imos quitar todos os cofres de pago e de contido azaroso de  Rocket League».

Até agora, existían varias formas de obter artigos dentro do xogo que mestura fútbol e automóbiles. O título obsequiaba con algúns obxectos polo mero feito de xogar, outros chegaban a medida que avanzabas no pase de tempada, e outra forma era como recompensas de cofres temáticos que se podían abrir con chaves pagas con diñeiro real. O contido destes baúis era amplo, pero só obtiñas un obxecto dos que ofrecían e resultaba imposible elixir algo específico. O azar mandaba.

Agora ben, certos artigos como modelos de vehículos ou obxectos dixitais de equipos profesionais de Rocket League podendo ser comprados de xeito directo.

É ben sabido na comunidade de xogadores que as caixas de botín levan moito tempo no punto de mira das administracións e asociacións de consumo. Algúns países xa as consideran unha forma de aposta clara, por iso foron prohibidas ou reguladas dalgún xeito.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados