Actualidade Rockstar adquire Ruffian Games, autores de Crackdown 2

Rockstar adquire Ruffian Games, autores de Crackdown 2

Nova adquisición empresarial dentro da industria dos videoxogos. Rockstar Games comprou Ruffian Games, responsábeis de Crackdown 2. Desta forma, o estudio mudará o seu nome a Rockstar Dundee e xa se atopa traballando en novos proxectos, un deles un título interxeracional multixogador, malia que se descoñecen máis detalles.

Take-Two, empresa matriz de Rockstar, presentou a documentación fiscal necesaria para acreditar a compra dunha participación superior ao 75 % da xa antiga Ruffian Games. A desenvolvedora tamén participara noutras obras como Halo: The Master Chief Collection ou o port de Halo Reach para PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.