Actualidade Rockstar amosa o primeiro gameplay de Red Dead Redemption 2

Rockstar amosa o primeiro gameplay de Red Dead Redemption 2

As esperas sempre son máis levadeiras se temos algo para o que mirar. Tras ausentarse do E3 de Los Ángeles, Rockstar Games publicou o 9 de agosto o primeiro gameplay de Red Dead Redemption 2, a súa nova aventura de acción e mundo aberto situada no salvaxe oeste, que narrará os periplos de Arthur Morgan e a banda de criminais de Van Der Linde, grupo no que se atopa John Marston, protagonista da anterior entrega.

Cunha insana e contrastada atención polos detalles, os de Rockstar parece que queren levar un paso máis aló o concepto de mundo aberto e de novo poñen ante o espectador un mundo cargado de vida e de posibilidades. O vídeo oficial fala por si só: paisaxes coma bosques, planicies, cidades e vilas fan de escenario para un achegamento a xugabilidade de RD2, aínda que xa avisa que se profundizará máis nela en próximas gravacións. Coas cartas sobre a mesa, todo apunta a un novo éxito da compañía estadounidense que aínda hoxe segue despachando copias do GTA V como se acabara de saír hai apenas unhas semanas.

Red Dead Redemption 2 ten prevista a súa chegada ás tendas o próximo 26 de outubro para PS4 e Xbox One.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *