Actualidade Rockstar publica os requisitos mínimos de RDR2 en PC

Rockstar publica os requisitos mínimos de RDR2 en PC

Xa é posíbel acceder á páxina de Red Dead Redemption 2 dentro do launcher oficial de Rockstar.

Falta pouco menos dun mes para que a obra de vaqueiros chegue á súa nova plataforma e non poucos fixeron e farán unha pregunta clave: que precisarei para xogar RDR2 no meu ordenador? Rockstar responde.

Requisitos mínimos:

  • SO: Windows 7 – Service Pack 1 (6.1.7601)
  • Procesador: Intel Core i5-2500K / AMD FX-6300
  • RAM: 8 GB
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 770 2GB / AMD Radeon R9 280 3GB HDD
  • Disco Duro: 150 GB
  • Tarxeta de son: compatíbel con DirectX

Requisitos recomendados:

  • SO: Windows 10 – Actualización de abril 2018 (v1803)
  • Procesador: Intel Core i7-4770K / AMD Ryzen 5 1500X
  • RAM: 12 GB
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 1060 6GB / AMD Radeon RX 480 4GB
  • Disco Duro: 150 GB
  • Tarxeta de son: compatíbel con DirectX

As reservas de RDR2 no launcher oficial inclúen dous xogos de Rockstar de balde e unha mellora gratuíta de versión.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.