Rush Wars, así é o novo xogo dos creadores de Clash Royale

Rush Wars, así é o novo xogo dos creadores de Clash Royale

Con sede en Helsinqui, Supercell é un dos nomes máis recoñecíbeis dentro das compañías de videoxogos para dispositivos móbiles. Non é para menos. Son o estudio detrás de Clash Royale, Brawl Stars e Clash of Clans, tres títulos que bailan no éxito masivo e que contan con millóns de xogadores en todo o mundo, pero que tamén gozan de estar dentro do ámbito dos deportes electrónicos.

A súa nova proposta chámase Rush Wars e conta unha estética e un apartado visual similar ao dos seus irmáns maiores. Neste novo proxecto Supercell expón —ou iso semella— unha aposta por mesturar Clash Royale e Clash of Clans. Deberemos invocar soldados para asaltar unha mina inimiga, pero, asemade, tamén deberemos construír estruturas para defender a nosa.

Polo momento, o título está en fase beta e só pode ser descargado en Canadá, Nova Zelandia e Australia. Ora ben, xa hai un adianto oficial, que podes ver a continuación. Nos próximos meses deberíase facer oficial o seu lanzamento.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados