S.T.A.L.K.E.R. 2 estrea web e volve dar sinais de vida
GSC Game World deu hoxe unha agradable sorpresa. Os desarrolladores de S.T.A.L.K.E.R: Shadow of Chernobyl volveron a anunciar que S.T.A.L.K.E.R. 2 continúa o seu proceso creativo. As redes sociais Twitter e Facebook foron os vehículos comunicativos para a boa nova.
Curiosamente, a secuela anunciouse xa no ano 2010, cunha posible data de lanzamento ao longo do 2012, pero o tempo pasou e pouco máis se soubo do proxecto. Agora, a compañía sinala que 2021 será o ano para a súa volta, mantendo a información ditada o pasado maio.
A web oficial actualizouse con novo material en forma de arte conceptual e un tema musical que, seguindo a lóxica, formará parte da banda sonora do xogo.
Os anteriores S.T.A.L.K.E.R. son títulos exclusivos de PC que mesturan os disparos en primeira persoa con algunhas mecánicas RPG, así como certos aires de supervivencia e terror. É inevitable pensar que a súa presenza inspirou, pouco tempo despois, o aspecto definitivo da franquía METRO. S.T.A.L.K.E.R. Shadow of Chernobyl foi publicado en 2007, e contou con dúas secuelas non numeradas: Clear Sky e Call of Pripyat, lanzadas en 2008 e 2009.
A. N. N. O. U. N. C. E. D. 2 https://t.co/ouCo9Q5unn pic.twitter.com/vZef7kTfvy
— S.T.A.L.K.E.R. Official (@stalker_thegame) March 28, 2019