Sada convertirase na capital galega dos 8 bits

Sada e a súa antiga Cámara Agraria veranse convertidas no epicentro da Run ZX 2019. Unha nova edición da reunión de usuarios Run ZX, un encontro adicado á comunidade e afeccionados do computador Sinclair Spectrum, un dos primeiros microordenadores de 8 bits que fixeron aparición nos nosos fogares alá polos anos oitenta. Clive Sinclair foi o responsable daquela revolución.
A cita está prevista para o sábado 16 de marzo, de 10 a 14 horas e de 16 a 22 horas. En caso de perda, basta unha pequena procura en Google para situar a antiga Cámara Agraria (Camiño Riobao, 36). Ao longo de todo o día iranse realizando diferentes e variadas actividades, tales como:
- Sesións de xogo con computadores clásicos de Sinclair
- Exposicións de hardware e software de Retro Computadores Orty
- Exposición ‘Spectrums do Mundo do Spectrum‘
- Exposición en homenaxe a Zigurat Software – Made in Spain
- Preservación de software, cacharreo e reparacións
- Bótalle un pulso ao Sinclair QL: demostra o que sabes!
- Demos de xogos: Computer Crap Games 2018, ZXDev 2017/2018

Cartaz desta edición.
Doutra banda, a organización tamén levará a cabo relatorios, talleres e torneos:
- 10h. Comezo do encontro
- 11h. Ciclo de minicharlas
- Redeseñando o Black Watch de Sinclair
- Presentación do prototipo uZX1, grazas a Antonio Villena
- Homebrew: Edicións físicas ou dixitais?
- Bad conversions! Competición de conveersións Speccy vs MSX!
- Ensamblando código para Sinclair Spectrum
- 14h. Hora de xantar. Parada técnica
- 16h. Obradoiro de iniciación á soldadura (máis información aquí, xa que se precisan algúns materiais)
- 20h. Torneo Run ZX 2019. Competición de videoxogos!
- 22h. Finalización da xornada, despedida e peche
Para participar na xornada é necesaria unha inscrición previa. É unha cita de carácter cultural, gratuíta e aberta até completar aforamento. Podes confirmar a túa asistencia nesta mesma ligazón.
O evento conta coa colaboración do Concello de Sada, que cede o espazo á xunta organizadora do evento, formada por membros de RetroGalaicos, RetroVigo, RetroCoruña, RetroOrdenadores Orty, BitVision, a Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC), o portal El Mundo del Spectrum e MiComputer.