Actualidade Samurai Shodown amosa gameplay cun sabor moi arcade

Samurai Shodown amosa gameplay cun sabor moi arcade

O rexurdimento de SNK esta a tomar ritmo co inminente lanzamento desta continuación da saga Samurai Shodown (denominada normalmente como SamSho), presentada con titulo de reboot, debido, probablemeente, ao confusa que se volveu a saga tras a quinta entrega. Hai poucos días anunciábase o posto do titulo como un dos seleccionados para competir no EVO (Evolution Championship Series) e o este luns amosaron un novo tráiler xunto a extensas mostras do gameplay.

Nun primeiro momento observamos ao conxunto de personaxes que apareceran neste rexurdimento da saga, e que contaría con Haohmaru (protagonista da aventura), Genjuro (antagonista principal a partir do segundo xogo), Nakoruru (personaxe veterano e habitual noutros títulos de SNK), Earthquake (xigante veterano do primeiro titulo), Charlotte (a popular loitadora de esgrima), Galford (o ninja gaijin, sempre acompañado do seu can Poppy), Yoshitora (protagonista de Samurai Shodown V), Kyoshiro (un guerreiro e actor de teatro kabuki), Ukyo (antigo rival de Haohmaru), Shiki (personaxe que ata agora nunca foi xogable nun dos títulos principais en 2D), Jubei (mestre de Yoshitora), Tam Tam (guerreiro tribal enmascarado),Hanzo (ninja por antonomasia) e tres personaxes aínda por anunciar (dos cales probablemente un deles sexa un xefe).

O apartado artístico parece buscar un estilo Ukiyo-e (apropiado ao estar ambientado en 1787, finais da era Tenmei) nos fondos con reminiscencia a ilustracións e certa bidimensionalidade con algunhas excepcións na contorna, o que provoca un efecto 2.5D, habitual nos xogos de loita modernos, e que transmite unha sensación de escenario teatral moi apropiada para a franquía.

Os modos de xogo que se amosaron polo momento son Story (un modo arcade con ilustracións), Practice (modo de práctica), Online, Dojo (unha interesantee proposta que promete ser un modo practica contra unha AI que se adapta ao xogador para que este elimine as súas debilidades), Battle (modo versus local),  Database (base de datos) e Gallery (galería). Polo visto os fundamentos que caracterizan á saga mantéñense neste revival; xogo tenso e lento, moito dano por golpe e a perdida de armas. A mostra de gameplay exhibe un estilo de xogo próximo ao da epoca arcade e cun forte énfase no xogo pausado baseado en footsies (combate centrado do xogo neutro en terra onde se busca controlar as distancias para lograr golpear ao rival de forma segura, buscar erros do rival e facer de carnada para provocar un ataque). Os controis retoman a configuración de botons introducida no SamSho III (golpe lixeiro, medio, forte e patada.

Estes últimos avances do xogo móstrannos un título con grandes posibilidades de atraer tanto aos entusiastas como aos novos xogadores grazas a unha forma de xogo baseada nos fundamentos dos xogos de loita a traves do duelo mental entre adversarios, busca de aperturas e o control da distancia. Invitamos a todo aquel que vexa Samurai Shodown con interese que non se deixe intimidar e acabe por se mergullar neste mundo de katanas e cerdeiras en flor. As espadas comezarán a chocar en PS4 e Xbox One en xuño e posteriormente en PC e Switch.

Artigo escrito por Carlos L. Yunta

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.