Sangue, balas e plátanos; chega My Friend Pedro

Sangue, balas e plátanos; chega My Friend Pedro

Un asasino contratado por un plátano que fala. Todo correcto. Un título independente de acción e disparos chamado My Friend Pedro. Perfecto. A partires deste 20 de xuño podémonos meter de cheo na historia dun dos lanzamentos máis agardados de Devolver Digital para PC e Nintendo Switch. Atinade ben coas balas.

Esta nova obra de acción e disparos toma como premisa inicial esa unión entre sangue, balas e plátanos. Un contrato asinado por unha fruta e un asasino que nos levará a matar, pero moito, moito. Como? Aí xa depende do xogador, pero as opcións son variadas. Por diante, unha chea de salas ateigadas de inimigos aos que arrebatarlles as ganas de vivir. Un baño de sangue, vaia; e ademais, a un ritmo frenético.

Tras unha aparente sinxeleza ocúltase un amplo abanico de xogabilidade grazas á cámara lenta, os xiros e a puntería in extremis. Un desprazamento lateral pola pantalla no que as balas sairán voando por todas as partes e que asegura dúas cousas: diversión e calidade, selo inconfundible de Devolver Digital neste eido.

Captura do xogo en acción.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados