Actualidade Sea of Solitude verá a luz unhas semanas despois do E3

Sea of Solitude verá a luz unhas semanas despois do E3

Sorprendeu pola súa orixinal beleza no E3 do 2018 e chegará pouco despois da feira deste ano. Sea of Solitude sitúase baixo o paraugas de EA Originals, o departamento de Electronic Arts que acolleu no pasado a títulos como Unravel ou A Way Out, e que agora traballa de xeito conxunto con Jo-Mei Games para que vexa a luz esta aventura mariña en PC, PlayStation 4 e Xbox One. Farao o 5 de xullo, finalmente.

Terá un prezo de saída de 19,99 euros e poñeranos na pel de Kay, unha moza que deberá emprender unha viaxe para superar a súa soidade interior a través dunha cidade asolagada. Un traxecto entre a luz e a escuridade onde as mareas soben e baixan, reflexo de nosa propia alma; igual que as criaturas que irán aparecendo ao longo desta viaxe.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.