Sea of Thieves chegará a Steam e terá crossplay
Microsoft vén de decidir que Sea of Thieves tamén poderá ser adquirido polos usuarios de Steam máis pronto que tarde. O xogo de piratas creado por Rare viu a luz no 2016, pero até o de agora só estaba dispoñíbel na tenda oficial de Microsoft.
Na práctica, non é un movemento illado por parte da compañía de Redmond. Ao longo dos últimos meses, Microsoft abriu a man e exclusivos como Gears 5 ou Ori and thee Will of the Wisps tamén foron estreados na plataforma de Valve.
O anuncio oficial é conciso, aínda que si sinala que a versión de Steam permitirá o xogo cruzado cos usuarios de Xbox One e de Windows 10. Data? Nada concreto, pero será pronto.