Sea of Thieves detalla o contido da súa vindeira actualización de balde

Sea of Thieves detalla o contido da súa vindeira actualización de balde

Vaults of the Ancients é o nome que recibe unha das actualizacións máis importantes de Sea of Thieves para esta nova tempada. Durante a emisión do último Sea of News foron detallados algúns dos aspectos e contidos máis relevantes que chegarán ao título de Rare.

Novas misións nas que explorar bóvedas do tesouro ao longo do enorme mapa do xogo serán a principal novidade que trae este parche. Doutra banda, os xogadores poderán iniciar viaxes para completar os mapas dos Acaparadores de Ouro e así atopar as chaves para devolverllelas aos seus propietarios ou utilizalas en beneficio de seu.

Tamén se incluirá a función de Notas Misteriosas, que engadirá información para coñecer as actividades dispoñíbeis. Vaults of the Ancients chegará o 9 de setembro de forma gratuíta a Sea of Thieves.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados