Actualidade Sea of Thieves segue a medrar e acada o seu máximo histórico de xogadores en Steam

Sea of Thieves segue a medrar e acada o seu máximo histórico de xogadores en Steam

Os números non menten. Os usuarios de Steam tiñan gana de que Sea of Thieves, o multixogador de piratas de Rare, aterrase na plataforma de Valve. Se xa o día de lanzamento apareceu como un dos títulos máis vendidos, este último domingo foi un dos máis xogados do día. A obra até agora exclusiva de Microsoft e os seus sistemas alcanzou unha cifra próxima aos 63.000 xogadores simultáneos.

Seguindo os datos de Steamcharts, Sea of Thieves tivo unha acollida máis que notable, rexistrando picos ao longo da semana de máis de 50 mil usuarios. Por se o preguntas… si, o título conta con xogo cruzado entre PC e Xbox One, polo que podes xogar desde Steam con xente en posesión dunha consola de Microsoft.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.