Actualidade Second Extinction contará cunha beta pechada para PC

Second Extinction contará cunha beta pechada para PC

O pasado 7 de maio puidemos gozar do Inside Xbox organizado por Microsoft, onde se amosaron múltiples novidades de cara á próxima xeración de consolas. Un dos títulos máis destacados foi Second Extinction, un shooter cooperativo no que teremos que combater con dinosauros mutados que agora gobernan o planeta Terra. Nas últimas horas puidemos saber que o xogo contará cunha beta pechada para PC.

Sen unha data confirmada para a súa chegada aos nosos computadores, si que coñecemos o proceso necesario para participar no programa War Support. A través dunha subscrición de correo electrónico xérase unha ligazón que compartir cos teus contactos. Cantas máis veces se difunda esta ligazón, máis recompensas desbloquearás para a túa conta. É máis, se tras inscribirche a War Support un amigo teu rexístrase, conseguirás acceso á beta pechada.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.