Actualidade SEGA abre votacións para escoller os xogos da súa Mega Drive Mini

SEGA abre votacións para escoller os xogos da súa Mega Drive Mini

Se queres deixar a túa pegada dentro do catálogo que posuirá Mega Drive Mini é o momento. SEGA xa abriu o proceso de selección de xogos a través dun curioso sistema eliminatorio entre as diferentes entregas de varias das súas sagas máis afamadas.

O lanzamento da consola estaba previsto para finais do 2018.

Así, serán os usuarios das redes sociais os que decidirán que xogo, por exemplo, de Sonic figurará na memoria a máquina de tamaño reducido que a compañía ía lanzar orixinalmente a finais de 2018, pero que acabou por retratarse até este ano ante a idea de puír algúns detalles do seu desenvolvemento e reformular o seu deseño a nivel de construción. Contará coa tecnoloxía de AtGames.

Aínda que os chíos están en xaponés, as tres opcións propostas, no caso de que queiras participar de maneira activa no fío de SEGA, son (en orde):

  • Sonic the Hedgehog ou Sonic the Hedgehog 2
  • Puyo Puyo ou Puyo Puyo Tsu
  • Shining Force: The Legacy of Great Intention ou Shining Force II

Está por coñecerse o número de xogos cos que chegará a consola, así como o seu prezo ou a súa nova data exacta.

 

 

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *