SEGA anuncia 10 xogos máis para a súa Mega Drive Mini

SEGA anuncia 10 xogos máis para a súa Mega Drive Mini

SEGA continúa puíndo e amosando ao público o que será o catálogo da súa Mega Drive Mini. A súa nova máquina, a primeira dende a malograda Dreamcast, chegará ás tendas o próximo mes de setembro con corenta títulos clásicos.

Hai uns días, confirmábanse os dez primeiros títulos. Agora, anúnciase outra nova quenda: Castle of Illusion starring Mickey Mouse, World of Illusion starring Mickey Mouse and Donald Duck, Thunder Force III, Super Fantasy Zone, Shinobi 3, Streets of Rage 2, Earthworm Jim, Sonic the Hedgehog 2, Contra: Hard Corps e Landstalker.

A listaxe actual, sumando os xa anunciados xa fixa medio catálogo, e queda tal que así:

  • Sonic the Hedgehog
  • Ecco the Dolphin
  • Castlevania: Bloodlines
  • Space Harrier 2
  • Shining Force
  • Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine
  • ToeJam & Earl
  • Comix Zone

    Portada do mítico Shinobi III.

  • Altered Beast
  • Gunstar Heroes
  • Castle of Illusion
  • World of Illusion
  • Thunder Force 3
  • Super Fantasy Zone
  • Shinobi 3
  • Streets of Rage 2
  • Earthworm Jim
  • Sonic the Hedgehog 2
  • Contra: Hard Corps
  • Landstalker

Mega Drive Mini estará dispoñible nas tendas o 19 de setembro e terá un prezo de 79,99 euros, con dous mandos incluídos. Contará cun software desenvolto polo estudo M2 (responsables da serie Sega Ages) e cunha música para o menú composta por Yuzo Koshiro, que participou no Streets of Rage orixinal.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados