SEGA anuncia unha nova entrega de Yakuza

SEGA anuncia unha nova entrega de Yakuza

Yakuza, unha das franquías estelares de SEGA, terá nova entrega. Así o confirmou a compañía xaponesa, que vén de anunciar o nome do novo protagonista, Ichiban Kasuga. O futuro título sairá en exclusiva para PlayStation 4.

Kasuga foi revelado hai uns anos como a substitución de Kiryu tras os acontecementos de Yakuza 6, e polo momento sábese que volverá estar ambientado en Kamurocho, o barrio habitual de Yakuza ou Judgment.

Tras os lanzamentos de gran parte dos títulos da franquía en PS4 (Yakuza 6, Yakuza Zero, Kiwami, Kiwami 2 e as revisións de Yakuza 3 e 4), SEGA aposta por continuar a franquía na consola de Sony. Con todo, aínda se descoñece a data oficial de lanzamento do xogo.

Ichiban Kasuga volta á franquía Yakuza na nova entrega de SEGA.

Polo de agora, deuse o pistoletazo de saída para o casting co que se pretende atopar aos actores e actrices necesarios para interpretar aos distintos personaxes. Como incentivo para o elenco feminino, acordouse entregar un millón de  yenes á muller que interprete o papel dun dos personaxes da nova entrega de Yakuza. Aí é nada.

Lembrar tamén que Yakuza 5 terá o seu relanzamento en PS4 este mes de xuño e teremos que manternos á espera de que SEGA concrete unha data de lanzamento para o territorio occidental.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados