Actualidade Sega celebra o seu 60 aniversario co lanzamento de diferentes xogos retro

Sega celebra o seu 60 aniversario co lanzamento de diferentes xogos retro

Celebración na sede de Sega, que cumpre sesenta anos e decidiu publicar unha serie de xogos clásicos en Steam. Todos eles están inspirados nas súas licenzas máis míticas e son completamente gratuítos para todo o mundo.

Entre eles atopamos Armor of Heroes, un título de disparos que conta cunha perspectiva cenital, modo PvP e até cooperativo local para catro persoas. Relic Entertainment foi a encargada do seu desenvolvemento, do mesmo xeito que Amplitude dirixiu Endless Zone. Este propón unha mestura entre Fantasy Zone e ciencia ficción, servindo un fantástico shoot´em up.

Streets of Kamurocho é outra das apostas na grella, xa que se trata dun beat’em up protagonizado por Majima e Miryu, personaxes da saga Yakuza. Por último, atópase Golden Axed, unha versión sen finalizar do cancelado Golden Axe: Reborn. Un auténtico caramelo para os máis veteranos. Todos os xogos estarán dispoñíbeis por tempo limitado, até o 19 de outubro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.