SEGA presenta o seu xogo oficial para a Olimpíada de 2020

SEGA presenta o seu xogo oficial para a Olimpíada de 2020

Os Xogos Olímpicos son un evento de innegable relevancia mundial. A cima do esforzo físico e competitivo do ser humano a través de todas as súas probas. Ao longo das últimas décadas, SEGA foi publicando diversos títulos orientados a transmitir esta sensación ao mundo dixital. Os resultados foron diversos, pero a tradición ha de manterse. Os JJ. OO. de 2020 terán lugar en Xapón, razón de peso para a compañía de videoxogos á hora de facer un esforzo extra na súa concepción.

Así, acaban de facerse públicas as primeiras imaxes e o tráiler de Olympic Games Tokyo 2020: The Official Vídeo Game, un dos catro xogos oficiais que se publicarán con motivo da Olimpíada. Chegará a Xapón para PlayStation 4 Nintendo Switch o 24 de xullo. En Europa deberemos esperar ata 2020. Que outros xogos verán a luz? Mario & Sonic at the Tokyo 2020 Olympic Games, en Switch; Mario & Sonic at the Tokyo 2020 Olympic Games Arcade Game, para recreativas; e Tokyo 2020 Sonic at the Olympic Games, para iOS e Android.

Os xogadores poderán participar diferentes tipos de probas e modalidades:

  • 100 metros lisos
  • Natación 100 metros estilo libre
  • 110 metros obstáculos
  • Salto de lonxitude
  • Lanzamento de martelo
  • Atletismo 200 metros individual
  • Béisbol
  • Fútbol
  • Baloncesto
  • Voleibol praia
  • Boxeo
  • BMX
  • Tenis individual
  • Tenis dobles
  • Ping pong individual
  • Ping pong dobles

    O título contará cun editor de deportistas.

O xogo contará cunha recreación moi realista dos estadios e incluirá un editor para crear ao nosos deportistas, así como diversos modos en liña que permitirán competir pola medalla de ouro contra os nosos amigos, ollar as táboas de récords e gozar dos modos de adestramento.

A idea de SEGA é propiciar unha experiencia inmersiva para os xogadores que adquiran Olympic Games Tokyo 2020: The Official Vídeo Game e poidan gozar das Olimpíada en todo o seu esplendor. A carreira cara a Tokio xa comezou e quere contar con todo o mundo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados