Sekiro detalla os seus requisitos mínimos para ser xogado en PC

Os fans de Miyazaki xa contan os días para a chegada da súa nova proposta. Sekiro: Shadows Die Twice chegará a finais do próximo mes de marzo. Como é habitual neste tipo de lanzamentos, acaban de facerse públicos os requirimentos para a súa versión de PC. Tamén sairá en PlayStation 4 e Xbox One.
A través de Steam e a súa páxina do título de FromSoftware xa se coñecen tanto o hardware coma o software mínimo e recomendado para poder gozar da aventura do Lobo dun só brazo. Habería que sinalar que ambas opcións son bastante asequibles para os usuarios.
Requisitos mínimos
- Sistema operativo: Windows 7 64-bit | Windows 8 64-bit | Windows 10 64-bit
- Procesador: Intel Core i3-2100 | AMD FX-6300
- RAM: 4GB
- Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 760 | AMD Radeon HD 7950
- DirectX: Versión 11
- Espazo de almacenamento: 25GB
- Son: Compatible con DirectX 11
Requisitos recomendados
- Sistema operativo: Windows 7 64-bit | Windows 8 64-bit | Windows 10 64-bit
- Procesador: Intel Core i5-2500K | AMD Ryzen 5 1400
- RAM: 8GB
- Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 970 | AMD Radeon RX 570
- DirectX: Versión 11
- Espazo de almacenamento: 25GB
- Son: Compatible con DirectX 11