Actualidade Sekiro: Shadows Die Twice déixase ver no seu tráiler de lanzamento

Sekiro: Shadows Die Twice déixase ver no seu tráiler de lanzamento

O novo título de  FromSoftware, creadores da saga Dark Souls e Bloodborne, será xogable en apenas uns días. Sekiro: Shadow Die Twice preséntase como un desafiante RPG de acción que o 22 de marzo aterrará en PC, PlayStation 4 e Xbox One. Os seus creadores quixeron abrir aínda máis o apetito dun público que agarda por el, a través dun novo adianto de máis de dous minutos de duración.

Ao longo deste ano, o estudio xaponés foi vertendo abundante información sobre o seu novo título. Sabemos que encarnaremos a un personaxe coñecido como o «lobo dun só brazo», un guerreiro caído en desgraza rescatado dos brazos da morte. Despois de se comprometer a protexer a un novo lord, descendente dunha antiga liñaxe, verase convertido no obxectivo de varios inimigos, incluído o perigoso clan Ashina. Cando o novo lord é capturado, dará comezo unha perigosa procura na que recuperar a honra será primordial. Nin sequera a parca será un impedimento.

FromSoftware aposta nesta ocasión por escenarios máis abertos e menos lineais. A posibilidade de saltar e usar un gancho para escalar e rubir por árbores, tellados e muros abre un novo estilo de xogo, modificando o presente actual do estudio. É definido como un xogo «extremadamente difícil» segundo as propias palabras do equipo que ha traballada na súa composición. Grazas aos anteriores adiantos puidéronse coñecer algúns dos xefes finais cos que loitaremos por cumprir a nosa misión:  Gyoubu Masataka Oniwa, un xinete que cabalga sobre un enorme cabalo; a Dama Bolboreta, de aparencia enganosa; o xeneral Tenzen Yamauchi do clan Asahina; o Monxe Corrupto, capaz de moverse entre unha máxica néboa;  e a Gran Serpe, de cor branda e sinónimo de morte.

Para sorpresa dun sector da industria, o título non chegará antes á prensa para a súa análise, tal e como se fixo público a semana pasada.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *