Actualidade Sekiro: Shadows Die Twice logra a mellor estrea do 2019 en Steam

Sekiro: Shadows Die Twice logra a mellor estrea do 2019 en Steam

Recibimento ao grande de Sekiro: Shadows Die Twice en PC. O novo de FromSoftware converteuse no mellor lanzamento do ano en Steam. Polo menos, por agora. O xogo de acción superou as 100.000 copias vendidas e acadou un pico de 124.315 xogadores tratando de sobrevivir coa súa katana asemade.

Os números falan sós. Devil May Cry 5 conseguiu nos días posteriores ao seu lanzamento a impoñente cifra de 88.894, pero semella que o duelo de vendas entre Dante e O Lobo, vai ser para este último. Ao longo da fin de semana, Sekiro posicionouse como o cuarto título máis xogado da plataforma dixital. Trátase dun feito meritorio, sobre todo se se ten en conta que é unha obra para un só xogador e nin sequera se trata dunha aventura que todo o mundo vaia gozar por igual debido á súa altísima dificultade.

O xogo conta cun elevado número de inimigos e xefes finais. Todos supoñen un reto real para o xogador.

Sekiro converteuse no terceiro lanzamento xaponés máis popular na plataforma de Valve, superado só por Monster Hunter World e outro título de FromSoftware, Dark Souls III; en cuarta posición atópase Metal Gear Solid V e en quinto lugar Devil May Cry 5. Hidetaka Miyazaki pode sacar peito e estar orgulloso do seu labor.

Nos vindeiras días procederase á súa análise en Morcego, aínda que para ir abrindo apetito dicir que posúe un sistema de combate de aparencia simple, pero que oculta unha profundidade máis que interesante e satisfactoria. Conta cunha dificultade altísima, e supón unha curiosa evolución respecto a a saga Souls.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.