Actualidade Sekiro Shadows Die Twice xa ten data de saída

Sekiro Shadows Die Twice xa ten data de saída

Aínda que Morcego fará unha reportaxe contando as principais novidades e sorpresas da Gamescom, a principal feira de videoxogos de Europa, hai novas que son demasiado esperadas como para non anuncialas. Activision quixo deixar a súa pegada dende o inicio do evento, e xa anunciou a data de saída de Sekiro: Shadows Die Twice, a nova obra de FromSoftware e de Hidetaka Miyazaki para PS4, Xbox One e PC.

É unha boa nova. Sekiro: SDT será lanzado ao mercado o próximo 22 de marzo, en aproximadamente medio ano. Tras triunfar coa serie Souls e Bloodborne, non son poucos os ollos que enfocan cara este novo título coma un dos imprescindibles do 2019.

A cousa non queda só aí. Activision tamén vén de anunciar o contido da edición coleccionista, que contará co xogo completo (é unha mágoa ter que destacalo, pero si, o xogo virá na caixa tamén), ademáis de extras tan variopintos e xugosos coma unha estatua do protagonista da obra, un mapa do mundo non que transcorre a historia, unha caixa metálica, un libro con ilustracións do xogo, a súa BSO en formato dixital e varias réplicas das moedas usadas durante a aventura.

Ollo! As reservas para esta edición comezarán hoxe mesmo, polo que a haberá que estar atentos en caso de querer facernos con unha.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *