Será necesario contar cunha subscrición a PS Plus para poder xogar Godfall en PS5
Un dos primeiros títulos de Sony para a nova xeración será Godfall. O xogo de Counterplay Games acaba de desvelar que precisará conexión a internet para poder ser xogado en todos os seus modos. Este importante detalle creou certa confusión entre os seguidores do título.
Para resolver a dúbida, a conta de Twitter da obra contestou que, aínda que Godfall non está concibido como un xogo como servizo, si que necesitará unha conexión á Rede permanente. Desta forma, todos os xogadores necesitarán ter unha subscrición activa a PlayStation Plus para gozar do xogo para partir do 19 novembro.
Godfall is not a service game, but does require an internet connection to play.
— Godfall (@PlayGodfall) October 2, 2020