Actualidade Shadowlands, a nova expansión de WoW, retrasa o seu lanzamento até finais de ano

Shadowlands, a nova expansión de WoW, retrasa o seu lanzamento até finais de ano

Se hai un título ao que se lle pode asociar a palabra lonxevidade, ese é World of Warcraft. O título de Blizzard non deixou de recibir actualizacións e expansións desde o seu lanzamento hai máis dunha década. Porén, Shadowlands non chegará finalmente o día 27 deste mes, tal e como estaba previsto.

A través dun comunicado oficial na páxina de World of Warcraft, a compañía explicou que lles «daba a sensación de que o xogo aínda necesita moito traballo». Á súa vez recalcaron que «as zonas, a campaña, as misións para subir de nivel e a historia xa están preparadas».

Shadowlands lanzarase máis tarde este mesmo ano, polo que teremos que esperar para coñecer unha data definitiva para «unha das expansións máis intrincadas» coas que se mediu Blizzard.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.