eSports Shanks emociona e fai historia no EVO 2019

Shanks emociona e fai historia no EVO 2019

Foi este o momento, o intre no que Shanks lograba acceder ao Top 8 do campionato de Dragon Ball FighterZ no EVO. Xa é un feito histórico. Non só na FGC (Fighting Game Community) española, se non na FGC internacional. Nese instante, após incontábeis torneos e combates probando pertencer á elite dos FighterZ, finalmente accede ao panteón e é abrazado polos seus camaradas e amigos.

Unha vez nesa recta final de oito xogadores, tocoulle medirse con ChrisG. Dous xogadores que xa se enfrontaron no Top 8 do Combo Breaker, e a historia volveu querer repetirse, con Shanks acadando unha sólida vitoria sobre o seu rival.

Nos cuartos de final de losers foi onde tivemos un dos máis belos combates do campionato, con Shanks e Hirohiro como protagonistas. Neste duelo de C-18 contra C-17 puidemos gozar dunha loita encarnizada entre ambos, con enormes momentos como o Level 3 errado de Hirohiro no segundo combate. Foi nesa mesma quedan, a cal ía 1-0 a favor de Hirohiro, onde Shanks mantivo a inercia e logro remontar até lograr as vitorias que o llevarían ao Top 4 contra Fenritti.

Namentres, no cadro de winners os duelos de monstros tiñan lugar coa carismática rivalidade de SonicFox e G01, e que derivou nunha mostra do mellor que Dragon Ball FighterZ pode ofrecer. G01 coa súa defensa sobrehumana logrou avanzar ás finais e só quedaba coñecer o que pasaría no lado dos losers. Os dous xogadores volverían coincidir na gran final, onde despregarían unha maxia absoluta a través dos sticks. GO1, en absoluto estado de graza, alzaríase como o último home en pé, sostendo o seu brazo un deportivo e sensacional SonicFox.

Un Fenritti incriblemente sólido non deixou sitio para erros dentro do seu plan de xogo e como consecuencia ía lograr unha vantaxe sobre Shanks ao tempo que xogaban. O xanponés non permitiu que o xogador español lograse a súa enésima remontada nas Vegas.

Esta histórica actuación de Shanks non é unha excepción, non é un golpe de sorte, é o resultado de adestramento e de todas as súas vitorias pasadas. O resultado de onte, sen dúbida, só será o principio de algo máis grande, e só podemos agardar para continuar vendo a Shanks no EVO ao longo dos próximos anos.

Anuncios e outras finais

Despois de tan excitante top 8, case custa lembrar os anuncios que se realizaron o resto do día no EVO, pois despois das grandes finais que concluíron coa vitoria de G01 sobre SonicFox anunciáronse os dous novos personaxes do Dragon Ball FighterZ. O adianto de Janemba e Gogeta (SSGSS), que podes ver a continuación, e que só deixa a Broly como personaxe sen gameplay dentro dos DLC anunciados.

Doutra banda, tamén tiveron lugar as finais do UNIST coa vitoria do invencíbel Clearlamp e o seu Byakuya. Após a celebración da vitoria tamén se anunciou o próximo título de Under Night co tráiler de Under Night In-Birth Exe:Latexa[cl-r]. Nesta peza audiovisual puidemos ver novos movementos, ademais do adianto de Londrekia, nova adición ao roster e rival de Wagner.

Samurai Shodown concluíu coa vitoria do coreano Inflitration, a quen moitos lembrarán como un dos grandes xogadores de Street Fighter, mentres que en Mortal Kombat 11 un xenial  SonicFox fíxose coa coroa dos fatalitys.

Recordemos también a los representantes españoles de Street Fighter V con Vegapatch, que logro un Top 64 tras caer contra Bonchan; Fasoll, que quedó en la segunda ronda de pools del Mortal Kombat; Sh4rin e iNu7 en el Samurai Shodown, también cayeron en segunda ronda de pools, y a todos los chicos del FighterZ como Calbu, Galletas, Genis y el resto de la expedición española del EVO.

Cómpre lembrar tamén aos representantes españois de Street Fighter V con Vegapatch, que logro un Top 64 tras caer contra Bonchan; Fasoll, que quedou na segunda rolda de pools do Mortal Kombat;  Sh4rin e iNu7, no Samurai Shodown, tamén caeron en segunda rolda de pools, e a todos os mozos do FighterZ como Calbu, Galletas, Genis e o resto da expedición española do EVO.

En canto ás finais que nos quedan por ver faltan Smash Bros. Ultimate, Street Fighter V e Tekken 7. As finais comezan con Street Fighter a partir das 21 horas de hoxe, domingo día 4. Lembrade que podedes velas na canle oficial do EVO e gozar destes marabillosos xogos, ben como espectadores, ben como xogadores.

Imaxes: Vexanie