Actualidade Shattered State, a nova aventura dos creadores de Until Dawn

Shattered State, a nova aventura dos creadores de Until Dawn

Hai tres anos que Supermassive Games sorprendeu a comunidade xugona con Until Dawn en Play Station 4. Terror e decisións. Dous elementos que tan ben combinan e que ofrecían ao xogador unha aventura aberta, con diferentes finais e camiños posibles.

A compañía, certamente, non deixou de traballar neste tempo, e puidemos vela traballar noutros títulos da consola de Sony como The Inpatient ou Bravo Team. Agora ben, a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea engadiou, recentemente, ao seu rexistro unha nova marca (IP, no mundillo) baixo o nome de Shattered State. O estudo detrás deste nome non é outro que Supermassive Games.

¿Sábese dalgo máis deste proxecto? Pouca cousa. Polo pronto o logo que acompaña esta nova, e que pode atoparse no rexistro desta novedosa marca, definida coma un produto de entretemento dixital. Importante destacar que a nova marca está baixo o paraugas de Supermassive e non de Sony, o que abre certas portas a que Shattered State poida non ser unha exclusiva da empresa xaponesa, e acabemos por velo en PC ou Xbox, por exemplo.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *