Actualidade Shenmue III acada os 7 millóns de dólares na súa campaña de financiamento

Shenmue III acada os 7 millóns de dólares na súa campaña de financiamento

Máis de 81.000 persoas apostaron por Shenmue III. A historia de Ryo Hazuki proseguirá nesta nova entrega, amosada no E3 do 2015 mais como unha petición de axuda aos fans que coma un anuncio en si mesmo. A súa chegada está prevista para agosto do próximo ano, aínda que por diante aínda quedan varios meses de moitísimo traballo para facer valer eses sete millóns de dólares de orzamento que logrou o estudio encargado da súa elaboración.

Na súa última actualización, Ys Net confirmaba que esta cifra millonaria foi conseguida integramente a través de programas de financiamento colectivo. Só en Kickstarter, o xogo sumou 6.33 millóns de dólares, unha das maiores cifras  que alcanzou na súa historia esta plataforma dixital de apoio a futuros proxectos. O seu obxectivo inicial era o de recadar 3 millóns.

Shenmue III chegará tanto para PC como para PlayStation 4. Ao longo dos últimos meses fóronse mostrando publicamente as melloras que o título recibiu, así como o lavado de cara nun apartado gráfico que inicialmente levantou certas dúbidas na comunidade de xogadores, ao consideralo un tanto obsoleto para a actual xeración de máquinas.

O xogo de Ys Net posuirá un sistema de combate renovado e xa especificou os seus requisitos mínimos para os usuarios de PC, que poderán gozar de Shenmue III a través de Steam.

  • Sistema operativo: Windows 7×64, Windows 8×64, Windows 10×64
  • Procesador: Intel Core i5-4460 (3.40 GHz) ou mellor; Quad-core ou mellor
  • Memoria: 4 GB RAM
  • Gráfica: NVIDIA GeForce GTX 650 Ti ou superior (DirectX 11 e VRAM 2GB requirida)
  • DirectX: Versión 11
  • Conexión: Banda ancha
  • Espazo en disco: 100 GB
  • Tarxeta de son: compatible con DirectX 9.0c

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *