Actualidade Shenmue III pide tempo e retrásase ata novembro

Shenmue III pide tempo e retrásase ata novembro

A xestación de Shenmue III non está a ser todo o fácil e tranquila que debería. Deep Silver e Ys Net veñen de anunciar un novo atraso no lanzamento desta futura entrega da franquía iniciada en Dreamcast. O 19 de novembro figura no calendario como a data escollida para a chegada ao mercado do título, a condición de que non haxa máis imprevistos. Shenmue III estará dispoñible para PC e PlayStation 4.

«Aínda que está case terminado, o xogo simplemente necesita un pouco máis de pulido antes de dalo verdadeiramente por concluído», explican os responsables na última actualización do proxecto en Kickstarter. «Cremos que ese tempo adicional axudará a dar lugar á verdadeira experiencia que os seguidores de Shenmue de todo o mundo merecen».

Shenmue III retoma a historia de Ryo Hazuki, á espera de darlle un final á altura das expectativas. O xogo está a ser desenvolto en Unreal Engine 4 e traerá diversas e numerosas melloras ao sistema de combate e exploración.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *