Actualidade Shenmue recibirá unha adaptación anime da man de Crunchyroll

Shenmue recibirá unha adaptación anime da man de Crunchyroll

Unha vez máis, unha franquía do mundo dos videoxogos recibirá unha adaptación ao formato televisivo. A lendaria saga de Shenmue terá a súa propia serie de anime, desenvolta por Virtual Crunchyroll Expo.

Trece episodios compoñerán esta serie baseada as obras de SEGA, aínda que aínda non sabemos se adaptará a historia orixinal dos videoxogos ou optará por unha vía distinta. Telecom Animation Film –Tower of God, Lupin the Third: Part 5– será a encargada da animación, namentres a dirección corre a cargo de Chikara SakuraiOne Punch Man-.

Yu Suzuki, pai de Shenmue, será o produtor executivo dunha serie da que se descoñece a súa data de lanzamento a día de hoxe. Que investigará Ryo Hazuki?

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.