Actualidade Shovel Knight: Pocket Dungeon, novo título de aventura e quebracabezas

Shovel Knight: Pocket Dungeon, novo título de aventura e quebracabezas

Yacht Club Games segue a crear aventuras ao redor da súa franquía máis coñecida, Shovel Knight. Dúas novas obras verán á luz nalgún momento futuro, mais polo momento só hai unha con nome propio, que resultou ser Shovel Knight: Pocket Dungeon.

Non hai data de lanzamento, tampouco foron confirmadas as plataformas ás que chegará, malia que si se sabe que haberá unha versión para PlayStation 4 e unha demo para Nintendo Switch estará dispoñíbel na PAX East 2020 de Boston. Mesturará aventura con crebacabezas, pero posuirá un sistema de batalla novo. «A narración e o humor característicos de Shovel Knight están á vista!», reza a descrición da web oficial.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.